A colaboración para Arraona Romana
Á hora de falar do artesanado no mundo
antigo temos que ter claro que o concepto de artesanía e todos os valores afíns
ao mesmo non son iguais aos da actualidade. En xeral, moitas das actividades
que hoxe nós incluiríamos noutro tipo de traballo, como a industria, eran
consideradas actividades artesanais,
como é o caso da mineiría.
Por outra parte, adicarse á artesanía
non estaba ben visto. Xa os gregos, como en xeral a antigüidade, desprezaba o
traballo manual e, malia que algúns autores diferían, esta opinión estaba moi
extendida nas élites, que son precisamente quenes nos transmiten habitualmente
as descripcións do pasado. Deste xeito non nos debe parecer estrano que
literatos e filósofos nos contaxien os seus prexuizos pero tampouco debemos
extender esta visión ao conxunto da sociedade, pois non contamos coas opinións
dos interesados, os artesáns e a sociedade en xeral.
O caso romano non é moi distinto,
séguese a liña do desprezo polas actividades manuais pero, curiosamente, houbo
moitos romanos que sí apreciaron o suficiente a artesanía grega. O
descubrimento desta fixo que moitos nobres non dubidaran en rodearse destes
profesionais gregos, como fixo Escipión. Paradóxicamente, mentres o traballo
manual era menosprezado, os artesáns gregos, como xa dixemos, ían aumentando en
Roma e, coa súa chegada, a elaboración de mosaicos, relieves, pinturas, xoias,etc.
Co transcurso do tempo, a artesanía mellorou a súa prensa pola introducción do
cristianismo que tiña importantes personaxes como Xesucristo con orixe artesá.
Algúns dos oficios que englobaría o
artesanado hoxe consideraríamolos como profesións artísticas. No mundo antigo,
pola contra, non sucedía así e boa proba disto era o seu caracter anónimo.
Mesmo os seus creadores eran libertos e
esclavos xeralmente, o que xa fala do pouco prestixio destas labores na época.
A organización
dentro do obradoiro artesá
E difícil establecer unha organización
estándar do artesando xa que estamos a falar de moitos oficios e cada un pode
ser moi diferente. Ademais, os propios obradoiros poden diferir en tamaño e,
polo tanto, tamén en integrantes. En liñas xerais podemos dicir que estaban
formados por un patrón e os seus esclavos ou libertos e asalariados. En moitos
casos, eses patróns tamén podían ser libertos ou escravos dun romano pudiente
que, para non luxarse as mans con eses oficios, delegaba o control do obradoiro
a outra persoa, percibindo igualmente os beneficios. No caso da minería, moitos
dos escravos utilizados eran criminais e tiñan unhas condicions laborais moi
penosas de xeito que vivían pouco tempo.
Debido a este feito, certos autores opinaban que non era un negocio demasiado
rentable porque a man de obra non era
duradeira.
Ao mesmo tempo, o carácter anónimo das
obras, con escasas sinaturas e marcas, fai que sexa case imposible intentear
diferenciar uns obradoiros doutros. Ademais, as creacións eran tan similares
entre sí que, xunto co feito de que os traballadores se poidesen intercambiar,
redunda nesta dificultade de identificación. Debido ao parecido entre as obras,
pénsase que algúns colectivos como o dos pintores puideron traballar a través
da representación de modelos incorporados nun catálogo. A distribución dos
motivos e o acabado final quedarían, logo, ao gusto do artesá ou do cliente.
Como exemplo de organización veremos o
caso dos artesáns adicados á pintura. Ata o I d.C obsérvase unha notable
cantidade de pictores de orixe grego. Isto podería ser así ou tratarse
dunha artimaña para darse máis estatus, polo requeridos que estaban os helenos.
Non é moi habitual atoparse con referencias aos pictores posto que este
estaban moi especializados e recibían o nome do seu tipo de traballo; é dicir,
o quadrigularius, por exemplo, sería aquel adicado ao pintado das
cuádrigas mentres que o pictor scaenarius sería aquel que fixera o
propio cos decorados teatrais.A parte de estar especializados non se encargaban
de todo o proceso de pintado. Normalmente había un encargado para preparar os
enlucidos, outros pintaban propiamente,etc. Polo tanto, o obradoiro estaría
composto do patrón e todos aqueles traballadores que fixeran falla para as
distintas fases do proceso.
A artesanía vista
pola Arqueoloxía
Determinadas marcas nas cerámicas
dannos información a cerca do mundo que rodeaba a súa fabricación. Ás veces
alúdese a unha persoa mediante o uso de dous nomes do tria nomina ou co cognomen
ou o lugar de fabricación. Existen estudos que relacionan certas clases de
cerámicas cun tipo de man de obra; así, na cerámica campaniense ou na
italogrega, por exemplo, predominará a man de obra libre. Outras evidencias
cerámicas conteñen varios nomes que fan referencia as persoas que contribuiron
en distintas fases do traballo:as cerámicas como a sigillata danos
mostras disto e cada persoa que interviña no proceso tiña unha forma diferente
de deixar a súa sinal. Normalmente estámonos a referir a recipientes pero
noutros produtos como as tégulas ou ladrillos tamén aparecen.
Asociacionismo
entre artesáns: o collegium
Os collegia son importantes na
sociedade e neles intégranse aquelas persoas de estatus medio e a través da cal
poden mellor a sáu situación e prosperar. O requisito que hai que cumprir e adicarse á mesma
actividade laboral que o resto dos integrantes. A maior parte deles son
libertos ou ben fillos de libertos xa que daban a posibilidade de ter
recoñecemento social e mesmo acadar un posto no goberno local. Ademais disto
había outros alicientes como poder ter asistencia mútua, un funeral, unha tumba
ou poder participar nos banquetes. Os escravos tamén podían ter acceso ós collegia
pero sempre e cando contasen co autorización do seu dono. Normalmente as
actividades artesanais estaban centradas en barrios e alí mesmo, entre as tabernae
tamén se atopaba a sede das corporacións. Non era habitual que houbese máis de
unha por municipio, agás naqueles núcleos cunha elevada poboación
Non parecen claros cales foron as
orixes desta intitución pois hai opinións diverxentes entre os autores clásicos
pero parece que a súa creación se remonta aos tempos da monarquía. Segundo
Plutarco e Plinio o Vello o seu responsable sería Numa Pompilio, creando oito collegia,
porén Floro afirma que foi Servio Tullio. Hai tamén quen di que a súa orixe
está nas asociacións relixiosas veciñais que logo se transformarían en
asociacións laborais.
Estas asociacións teñen tamén un
sentido relixioso que, de feito, é esencial para a súa existencia e que
normalmente estaba vinculado cunha duvinidade afín ás actividades artesanais.
Había tres collegia que destacaban con respecto aos outros e, entre
eles, estaba o dos fabri, os artesans. Estes tiñan como divinidade a
Minerva. Este colexio non só incluía aos artesáns no seu senso actual senón que
tamén formaban parte del aquelas persoas adicadas ás labores da construción (de
edificios, traballo con certos metais...) Posiblemente, nos centros urbáns
menos importantes que Roma estes fabri estarían integrados por menos
cantidade de artesáns que na capital.
Segundo nos indica o Digesto os collegia
seguían unha organización interna que imitaba a do propio estado. En ocasións,
podíase aceptar como socios a persoas que non compartían a mesma profesión,
pero dependendo da época esta podería gozar ou non de certa inmunidade.
As maxistraturas en todos os colexios
son anuais e reelectivas. A figura do patrón era quen dotaba á asociación de
prestixio e era importante que fose rico e influinte se se quería que iso
repercutise na situación do collegium. O patrón podía facer doazóns de
diñeiro ou mesmo de edificios á asociación mentres que este podía recibir do collegium
apoio político na súa carreira.
Os collegia tamén eran
beneficiosos para o propio estado pois estes debían contribuir coa annona.
Ademáis, segundo a especialidade de cada asociación profesional debíase aportar
man de obra a determinados asuntos como a construción dun edificio público,
aportar materias primas, etc. Colaborar deste xeito co estado implicaba
privilexios para a asociación e os seus intregrantes que realmente desenrolaban
a actividade. Nos collegia tamén había lugar para a picaresca e certa
xente intentaba formar parte deles, sen ter dereito, para poder aproveitarse
dos privilexios que o estaba lles daba.
A financiación era a partir de diversas
fontes: doazóns, herencias, rentas, cuota dos asociados,etc. En ocasións alguén
dotaba dunha renta aun collegia e determinaba que se debía facer con
ela. Á morte desa persoa, para
controlar que se cumpría o establecido
había outros collegia paralelos que vixiaban que se actuase
correctamente cos cartos e coas funcións dos collegia.
En resumo, o mundo artesá era moi
complexo, quizás máis ca hoxe polo elevado número de profesións diferentes que
abarcaba, e tiña que recurrir a figuras organizativas para poder desenvolverse.
A organización do propio obradoiro non será demasiado diferente da que haberá
en tempos posteriores e a creación dos collegia tampouco, pero destaca a súa
precocidade e a preocupación por obter unha serie de vantaxes e axudas para a
vida cotiá dos seus integrantes.
Fontes:
⁃
BLÁZQUEZ, J., M., Artistas
y artesanos en la Antigüedad clásica, Museo Nacional de Arte romano,
Mérida, 1994.
⁃
BLÁZQUEZ, J., M.,
Artesanado y comercio durante el Alto Imperio, Akal, Madrid, 1990.
⁃
DIOSONO, F, Collegia:
le associazioni professionali nel mondo romano, Quasar, Roma, 2007.